64773111_1304138003072383_1778547778339733504_n

Trilitrate

CONTEMPORÁNEA, FREE, ÉTNICA

Trilitrate formouse en Vigo no año 2012 pola violinista Elena Vázquez (Peña, Ensemble Galería), por Marcos Padrón ao acordeón (Orquestra O.M.E.Ga, Cuarteto Caramuxo) e por Rubén Abad na guitarra (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera). Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Des-debuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación, revelando influencias de estilos tan afastados entre si como pode ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock ou o noise. Interpretan ademais música étnica orixinal dentro dun universo propio. Trala gravación en 2013 do seu primeiro disco Faláchesme na Man e uns 2014 y 2015 frenéticos de festivais, actuacións e colaboracións, a súa actividade compositiva culmina a finais de 2016 coa publicación de Frutal Death, segundo álbum da banda, no que se propoñen sobrevoar e despois destruír todos e cada un dos estilos, construíndo unha liña única, aderezada ademais por un salvaxe sentimento de independencia.


Facebook: https://es-es.facebook.com/Trilitrate

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC0Nz7IARtOF0dnkdqxLgshw/featured