vatapa

Vatapá

BOSSA NOVA / BLUES / SWING

Formado por cinco músicos de traxectorias moi diferentes, Vatapá-quinteto inicia a súa andaina en 2015 a partir da colaboración casual entre o guitarrista Antón Casal e a cantante Beatriz Míguez. Non tardarán en unirse a clarinetista Marta Sancho e o percusionista Javier Buján, completando a formación definitiva coa incorporación do contrabaixista Oscar Rodríguez, a partires da súa participación como artista invitado no concerto do 1º aniversario do grupo, celebrado o 27 de maio do 2016 na sala viguesa La fábrica de chocolate.

Malia súa curta traxectoria, Vatapá-quinteto caracterízase por un divertido directo, no que interpretan temas clásicos da música americana da primeira metade do século XX, principalmente bossa nova, blues e swing, cun son moi coidado a cargo de Paco Guimarei, que é xa marca da casa.

O nome do grupo está extraído da canción brasileira titulada Vocè já foi à Bahia de Dorival Caymmi, na que se fai unha auténtica exaltación da gastronomía do Estado de Bahía. O Vatapá é un dos pratos tradicionais que se citan na canción e a banda decidiu adoitalo como nome, pola súa sonoridade musical e tamén como homenaxe á riquísima cultura brasileira.

“Un prato de presentación sinxela pero de complexa elaboración”