JAZZ, PSYCHODELIA, ROCK PROGRESIVO
Viruxe nace da man de Iago Mouriño (teclados), Bruno Couceiro (batería) e Alfredo García (guitarra). Estes experimentados músicos, que veñen de traballar xuntos en multitude de proxectos, únense desta vez para dar renda solta á súa vea más eléctrica. Viruxe nace con vocación de canalizar diversas inquedanzas musicais: a música electrónica, o rock progresivo, a psicodelia e, por suposto, o jazz, que abraza todos estes estilos dotando á mestura dun carácter fortemente cohesionado.