ROCK

Zapa! é un trío de rock formado en compostela por músicos de tres xeracións. Iníciase en 2015 ao redor das composicións de Martin Zapata (ex Ruxe-Ruxe ou The Fabulous Resaca Brothers), guitarrista e cantante. Con Fran Facal (ex Dr. Gringo ou Bakin Blues Band) á batería e Jacobo García (Sinestesia, Néboa) ao baixo, dan forma a un rock potente e denso que nos leva desde o son dos 70 ata o stoner actual.

Na súa primeira gravación (Igual es diferente, 2017) denuncian a contaminación do mercantilismo no cotiá, o amor e a arte, amosando reacción contra o esmagador do falso e do aparente en cinco exemplos de furia transformada en celebración catártica.

https://soundcloud.com/zapa-grupo/