Luiz Caracol, Fran Sanz & Ton Risco Trío

música portuguesa de autor, africana

Portugal-Galiza. Luiz Caracol, Fran Sanz e Ton Risco preséntanse en formato trío para mostrarnos toda a súa complicidade musical. Á identidade sonora de Luiz, influenciada pola cidade de Lisboa, onde vive, e a ligazón cultural co resto dos países lusófonos; Ton e Fran acrecentan a súa musicalidade e versatilidade, resultado do seu consistente percurso ao longo dos últimos anos. Escoitar este trío non é só viaxar a través da ponte Galaico-Portuguesa senón tamén encontrar temperos doutras latitudes e lonxitudes como Brasil ou a Africa lusófona.