(off) David Álvarez e José Ángel Pérez

15 Agosto, 2018 20:00 - 21:30

David Alvarez: cantautor cubano, integrou a partir de finais dos 80 o movemento da Nova Trova. Funda no 94 a recoñecida agrupación cubana “Juego de Manos” da que é o seu líder na actualidade. Colaborou con recoñecidas figuras do ámbito cultural cubano como Pablo Milanés, Eliades Ochoa, Omara Portuondo, Pedro Luis Ferrer, entre outros.

Acompáñao nas percusións o músico tamén cubano José Ángel Pérez Perez, fundador e membro da banda de Álvarez.
David Alvarez: Voz, guitarra.
José Perez: Caixón flamenco, bongós.