Prazas e terrazas da zona vella de Compostela

Feito a Man é un festival de rúa que nace no ano 2003 e que está organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella nos espazos singulares da cidade de Santiago de Compostela.

Durante o mes de agosto, Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: música, cabaret, instalacións, performance, teatro, dj’s… Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.

FAM 2025

Asociación Cultural
Cidade Vella

Somos unha asociación que reúne establecementos de hostalaría da zona vella compostelá cun claro compromiso coa cultura e coa cidade.

Apostamos por unha cultura sostible para facer do talento creativo da cidade o motor de transformación. Queremos unha cidade viva para gozar de experiencias singulares e participativas nun entorno único.

Apostamos por procesos colaborativos, ideas e paixón para desenvolver proxectos innovadores e libres cunha comunidade activa, orgullosa e implicada na transformación social.

Temos vontade transformadora para facer da cidade vella un lugar de vida singular, un lugar único no que asentar novas posibilidades de desenvolvemento baseadas na vitalidade social, económica e cultural.

Contacta con nós

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.