Asociación Cultural
Cidade Vella

Bio

Quen somos

A Asociación Cultural Cidade Vella é unha asociación que reúne establecementos de hostalaría da zona vella compostelá cun claro compromiso coa cultura e coa cidade.

A aposta pola singularidade, a diversidade, a creatividade, polo propio e polo alleo, pola xente e pola festa, son os ingredientes recollidos paseniño ao longo destes anos.

Apostamos por unha cultura sostible para facer do talento creativo da cidade o motor de transformación.

Queremos unha cidade viva para gozar de experiencias singulares e participativas nun entorno único.

Apostamos por procesos colaborativos, ideas e paixón para desenvolver proxectos innovadores e libres cunha comunidade activa, orgullosa e implicada na transformación social.

Temos vontade transformadora para facer da cidade vella un lugar de vida singular, un lugar único no que asentar novas posibilidades de desenvolvemento baseadas na vitalidade social, económica e cultural.

Facemos un traballo singular: unha hostalaría próxima, creativa, honesta e profesional.

Os establecementos que conformamos actualmente a Asociación Cultural Cidade Vella somos:

A Reixa

Embora

Xuntanza

Modus Vivendi

O Galo d'Ouro

Borriquita de Belém

Paraíso Perdido

A Gramola

A Casa das Crechas

Literarios

Atlántico

Camalea

Chocolate

Lucille

Momo... á rúa

O pozo