Aberto prazo propostas Feito a Man 2017

Dende o día 1 de marzo e ate o 30 de abril estará aberto o prazo para recepción de propostas artísticas para o Feito a Man 2017.

Tod@s @s que queirades enviar as vosas propostas de música, maxia, teatro, performance, dj’s, etc… deberedes facelo enviándonos un email a festivalfeitoaman@gmail.com coa seguinte información:

  • Nome da proposta artística / grupo
  • Contacto (nome da persoa, teléfono e email)
  • Estilo/s  da proposta
  • Número de componentes (e formación no caso dos grupos de música)
  • Enlace a un ou máis temas musicais: bandcamp, myspace, youtube, vimeo, spotify… No caso das propostas non musicais agradecemos un enlace, se é posible, a algún vídeo ou calquera formato que poidades colgar na rede para poder facernos unha idea da proposta.

No caso de que, unha vez rematado o prazo e analizadas as propostas, vexamos que a túa encaixa solicitaremos información adicional, pero nesta primeira fase non precisamos nin fotografías, nin dossieres, só a información que se solicita.

Participa e difunde! 😉