(pop-rock, soul)
VENRES 26 | SANTO AGOSTIÑO-AMEAS | 22.30 H
ALE é o proxecto en solitario de Alexandro González, cantante e compositor do grupo galego Los Árboles. Leva máis de media vida vencellado á música, con proxectos propios e como intérprete para outras bandas do panorama independente como Meu, Sensacional, Espiño ou Pardo.
Nesa difusa fronteira na que conflúen, e ata se confuden, o pop e o rock, sitúa ALE a súa proposta musical. No pop-rock, ese termo que de tan manido acabou por perder o seu sentido, reivindícase en toda a súa concepción e con toda intensidade en Flores e fobias, o primeiro disco do novo proxecto de Alexandro González. Esta nova traxectoria está marcada por cancións inspiradoras que toman como referencia a rotunda e arrebatadora sonoridade do rock arxentino, a refrescante levidade do mellor pop español dos 80 e as aveludadas e elegantes cadencias do soul e o R&B.
ALE (@ale_gmusica) • Instagram photos and videos