(Rock, soul)
SÁBADO 20 | SANTO AGOSTIÑO-AMEAS | 20.30 H.
Apart é un grupo de Carballo nado no 2014, cando Inés Blanco regresa de Berlín e coñece o resto da banda. Defínense como unha formación de rock influída polos sons máis 70s, tales coma o soul, disco ou rock máis clásico. Cunha visión actual, tratan de modernizar un estilo baseado en riffs de guitarra e melodías vogais que conectan co público desde os primeiros minutos do show.
We Want It All é o título do seu novo traballo. O álbum trata de poñer en valor todo aquilo que nos une, mesmo cando as circunstancias nos manteñen separados. Todos os temas deste proxecto están acompañados de videoclips orixinais.
As sesións comezaron no 2020 nos estudios Nakra da Coruña. Os temas foron masterizados por Robin Schmidt, quen traballou con bandas como The Black Keys e Mumford & Sons.