Barbitúricos

POSPUNK ACÚSTICO

Os punkis de postal tamén teñen corazón, viran ao veganismo e engánchanse ás novelas de Isabel Allende. Pásanlle o ferro á garabata e miran de reollo aquel vello póster de Jagger e Bowie tan acariñados mentres soa o “Take on me” dos A-ha ou a “Historia interminable” de Limall. Menos carraxe e máis maquillaxe. Menos gin tonic e máis nectarinas de media tarde. Máis crema de mans e menos espiños no aramado da perruquería. Un banco cheo de cascarilla e billete pequeno, un motor en marcha e a réplica dun Colt e, se acaso, un pouco de augardente de herbas coma único vicio confeso, que habelos hainos ata na túa sancristía preferida. Os Barbitúricos chegan, montán, tocan e queren aparentar que o trato co diaño saíu ben, sen engurra e careto de espello e cartabón. Déixeno xa, non busquen máis, Barbitúricos son a súa banda unplugged preferida.

Barbitúricos son:

Vituco Neira · VOZ e GUITARRA
Xurxo Pinheiro · VOZ e BAIXO
José Manuel Piedra · VOZ e BATERÍA
Fidel Vázquez · VOZ e GUITARRA

XOVES, 12 de agosto. PRAZA DOS GATOS, 20h.
Entradas á venda desde o luns, 9 de agosto, en A Gramola Café.