Battosai

ROCK ALTERNATIVO / GRUNGE

Battosai son tres millennials que quixeran pertencer á xeración Z. Segundo din, cansos de vivir neste mundo en Alta Definición, compraron un Delorean na deep web co obxectivo de viaxar á súa infancia para traer do pasado a música que non recordaban. Así foi como se somerxeron nos acordes de Dinosaur Jr., a voz arrepiante de Soundgarden, a potencia frenética de Nirvana, a enerxía de Swervedriver, a tostadora en chamas de Sunny Day Real Estate… Mais non só iso. tamén queren recuperar os casetes, os VHS, as TV de tubo, as Baseballeras, as series xaponesas, a publicidade chunga, as camisetas de franela e a Nitendo 64. En definitiva, recuperar as súas raíces noventeiras.

LUNS, 16 de agosto. RÚA TRAS SAN FIZ, 20h.
Entradas á venda desde o venres, 13 de agosto, no Bar Embora.