ROCK
Biribirlocke empezaron nisto do rock and roll aló polo 2010 e dende entón non pararon un minuto, fervendo notas desde Bugallido, corzos oriúndos do Concello de Ames.
Unha banda que combina ventos e cordas nun rocanrol en galego cun directo cheo de enerxía.
Biribirlocke son:
Benjamín Seoane · VOZ
Raul Doldán · GUITARRA
Andrea
Carlos Freire · BAIXO
Hector Ojea · BATERÍA
Xoves, 19 de agosto. RÚA FONTE DE SAN MIGUEL, 20h.
Entradas á venda desde o luns 16 de agosto en Atlántico rock & cocktail pub.