(funk, disco, rock)
SÁBADO 27 | PRAZA DE MAZARELOS | 21.00 H
Brais Morán, actual Premio Martín Códax da Música en Blues & Funk e Soul e fundador da banda LORETTA MARTIN, preséntase nos escenarios do 2022 formando a NASAUFUNK, como cantante e guitarrista e acompañado polos músicos Manu Seoane nas guitarras, Marcos Pazo na batería, Antón Torroncho, no baixo, e Fran Castro nos teclados. Ofrece así un espectáculo bailón de Disco-Funk que inclúe temas inéditos e repasa clásicos de etapas anteriores.
Despois do lanzamento dos seus discos Cruzando o eclipse (2015) e No Mato do desespero (2018) e ter contado coa participación de artistas como Fran Pérez “Narf”, Ugia Pedreira, Budiño, Tanxugueiras e A Banda da Loba, completa un directo que continúa o camiño das súas cancións máis disco-funk, soul, rock, cos seus ritmos afrobrasileiros característicos e os toques máis cálidos da música tradicional galega que completan o seu repertorio.