Brúa e amigos

FOLK

A banda compostelá Brúa traballa partindo, fundamentalmente, da tradición galega incluíndo tamén un repertorio de tradicións irmás, como a asturiana ou a portuguesa, e tamén de composición propia.

O seu é un estilo que busca ser directo e sinxelo, mais coidando os arranxos e pondo especial atención en que o resultado sexa axeitado para o baile.

O son de Brúa baséase na linguaxe do folk atlántico, e nel percíbese sen ambaxes a experiencia das foliadas ou sesións informais mailo contacto con outras músicas europeas.

Brúa e amigos son:

Xabier Agra · FRAUTA TRAVESEIRA e VOZ
María García Blanco · VIOLÍN
Manuel Carballada · PERCUSIÓN e VOZ
Xulián Rodríguez · ACORDEÓN e VOZ
Roi Sampedro · GRUITARRA e VOZ

Neste concerto estarán acompañados por Xacobe Varela ao BUZUKI e VOZ e Roberto Rama á GAITA e ao SAXO.

LUNS, 16 de agosto. PRAZA DOS GATOS, 22h.
Entradas á venda desde o venres, 13 de agosto, en A Gramola.