Cachas & Cousins

(rock steady, r&b, soul xamaicano)
SÁBADO 20 | SANTO AGOSTIÑO-AMEAS | 22.30 H

Cachas & Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos que transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respecto polas raíces do estilo e procurando un son coidado que se asemelle ao utilizado por grupos da época. O seu é un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, e apto para todos os públicos.

Nestos anos percorreron a xeografía galega participando en festivais como o Outono Codax, Deleite, Feito a Man, festival rúas vivas de Noia, ska all night en vigo ou circuíto paseantes de Pontevedra.

—————————————-

cachas & cousins roots – YouTube

Cachas&Cousins – Home | Facebook

https://www.instagram.com/cachasandcousins

https://cachasandcousins.bandcamp.com/