Comando Radar

(free jazz, rock, electrónica)
MARTES 23 | SAN PAIO DE ANTEALTARES | 22.00 H

Comando Rádar xorde como banda residente na sala Radar de Vigo, no marco das sesións H.A.L.O. organizadas polo colectivo de improvisadores da cidade olívica.

Formada por músicos de ampla experiencia no panorama nacional, comezan traballando con condución mendiante sinais baixo a dirección de Pablo Rega. 

Comando Rádar é unha rara avis dentro do panorama jazzístico polo seu xeito de combinar a composicion e a improvisacion, con influencias que van do free jazz e a música contemporánea ao punk ou o noise. A formación é quen de pasar dos momentos máis abruptos e inquietantes aos máis tranquilos e evocadores. Un directo contundente que non deixa a ninguén indiferente. 


Formación:

Pablo Rega – guitarra e dirección.

Pablo Sax – saxo soprano e tenor.

Luis Erades – saxo alto e soprano.

David Lojo – trompeta e friscornio

Xavi Bértolo – teclados

Saul Puga – contrabaixo

Carlos Castro – batería


Comando Radar – Home | Facebook