Coolflanders

BLUES / SOUL / FUNK

CoolFlanders repasa nos seus concertos algunhas xoias da música negra de todos os tempos. Xogando con obras coñecidas e descoñecidas, tráenas ao seu terreo: o soul e o funk. Adaptacións de James Brown, Otis Redding, Michael Jackson  ou Stevie Wonder, ben cociñadas nun espectáculo divertido e distinto. Forman a banda 8 músicos habituais da escena musical galega, procedentes de proxectos coma FrenteNorte, Claxon Blues, Doc Magoos, Lapanaback ou Yellow Pixoliñas.

Coolflanders son:

“Mani” Martínez · BATERÍA / COROS
Manuel “Valverde” · BAIXO / COROS
Piérrez Fernández · PIANO / HAMMOND / COROS
David · GUITARRA
Joel Salgado · SAXO
Pablo Goyanes · TROMBÓN
Miguel Balboa · TROMPETA
Alberto · VOZ

XOVES, 19 de agosto. SANTO AGOSTIÑO-AMEAS, 22h.
Entradas á venda desde o luns, 16 de agosto, en Chocolate.