David Regueiro trío e Alexandre Cavaliere

(jazz manouche, swing)
SÁBADO 13 | PRAZA FEIXÓO | 22.00 H

O galego David Regueiro, cunha ducia de discos editados e centos de actuacións por diferentes países, tense consolidado como un dos guitarristas de gypsy jazz máis destacados do Estado.

Co seu trío, no que se acompaña de guitarra rítmica e contrabaixo, presentou no 2020 Areal. Este álbum, formado por nove composicións propias, ubícase no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.

Agora David Regueiro convida por primeira vez a Alexandre Cavaliere, unha das figuras máis importantes do jazz manouche actual. O xenial violinista belga, descendente dunha importante familia musical, destacou desde ben pequeno polo seu virtuosismo, converténdose aos seus poucos máis de 30 anos nunha grande referencia europea.

Neste concerto, David Regueiro e Alexandre Cavaliere interpretarán repertorio propio arranxado especialmente para esta colaboración.


DAVID REGUEIRO TRIO

David Regueiro Music – Home | Facebook

David Regueiro (@davidregueiroguitar) • Instagram photos and videos

https://twitter.com/RegueiroGuitar

Alexandre Cavaliere Facebook

Alexandre Cavaliere (@pinkpantherviol) / Twitter