EXPERIMENTAL / IMPROVISACIÓN LIBRE

Free Improvised Loud Objective (FILO) é un trío, formado en 2014, que mestura improvisación e composición con influencias do freejazz, da improvisación libre, o noise ou o rock.
Coa súa música son quen de pasar dos momentos máis delicados aos máis abruptos e inesperados, explorando as posibilidades sonoras dos seus instrumentos até as últimas consecuencias.
FILO é un directo impredecible e intenso que non deixa indiferente a ninguén. Unha proposta fresca e arriscada no panorama galego.
FILO son:
Pablo Rega · GUITARRA ELÉCTRICA
Saúl Puga · CONTRABAIXO
Lar Legido · BATERÍA
MÉRCORES, 18 de agosto. TRAS SALOMÉ, 22h.
Entradas á venda desde o domingo, 15 de agosto, en A Reixa Bar Musical.