INDIE-ROCK

KUM0 é un proxecto emerxente de indie-trap fundado en Santiago de Compostela en 2018, formado por músicos galegos novos pero activos e con traxectoria en locais e festivais da escena local.

O seu repertorio de composicións propias combina letras en castelán e inglés cunha proposta instrumental que mestura influencias de blue wave, alt pop, lo-fi e jazz.

Nos seus directos apostan por unha estética marcada e unha coidada posta en escena, en consonancia cun material sonoro que implementa harmonías modernas, improvisación, electrónica e efectos que entroncan coas tendencias experimentais máis actuais do panorama mundial.

A actuación no Feito a Man 21 incluirá unha sesión de música electrónica que contará coa intervención dun convidado especial, e varias versións de temas actuais do seu twist persoal.

KUM0 son:

Andrés Cebreiro · GUITARRA e VOZ
Guillermo R. Alonso · GUITARRA
Javi Regos · BAIXO
J. Ruan · TECLADO
Martín Sampedro · BATERÍA

SÁBADO, 14 de agosto. PRAZA FEIXÓO, 21:30h.
Entradas á venda desde o mércores 11 de agosto en Pub Modus Vivendi.