PSICODELIA / ROCK ALTERNATIVO

No seu primeiro LP, Loiros, a banda viguesa homónima tende unha ponte entre a psicodelia e o rock alternativo dos 90, que convida a internarse nunha paisaxe sonora única.

Gravado e mesturado en 2019 no Laboratorio Soyuz por Hevi, o disco recibiu moi boas críticas tanto por parte do público como da prensa especializada.

Sorprende o seu son cru en contraste cos elaborados arranxos, a fina execución e delicadeza no tratamento das melodías vocais, cuxas harmonías fan de fío condutor ao longo de todo o álbum.

LOIROS son:

Virxilio da Silva · VOZ e GUITARRA
Felix Barth · VOZ e BAIXO
Wilfried Wilde · GUITARRA
Héctor Agulla · BATERÍA

VENRES, 13 de AGOSTO – QUINTANA DE VIVOS – 21.30h.
Entradas á venda desde o martes, 10 de agosto, en Café bar Literarios.