(música de autor, fusión)
XOVES 18 | FONTE DE SAN MIGUEL | 20.15 H

Mallou son Sabela Rey Bello e Benxamín Vázquez, un dúo que nace como consecuencia natural dunha viaxe individual e compartida por ambos dende músicas lonxanas, máis concretamente desde as linguaxes da música americana de raíz: country, blues e soul ata a música galega.

Sabela e Benxamín achegan un repertorio no que entrelazan cancións do noso ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha fonda inspiración na maneira de crear de referentes como Fran Pérez, Narf; sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades. 

Mallou é unha paisaxe sonora, un proxecto sutil e intenso, contido e enérxico, íntimo e sólido, e tamén unha homenaxe ao avó de Sabela de quen toman o nome.


Mallou – YouTube

Mallou -O baile de Noró- (Xabier Díaz)

Mallou – Bos amores (Rosalía de Castro/Fran Pérez “Narf”)

Mallou -Ahí ven o Maio- (Luís Emilio Batallán/Curros Enríquez)

https://www.facebook.com/profile.php?id=100064195536263

Mallou (@mallou_cantares_da_terra) • Instagram photos and videos