Martins Aneiros Band

BLUES

A Martins Aneiros Band xurde da unión da cantante Paula Martins, quen fora voz da Big Botton Band, e de Víctor Aneiros, guitarrista galego que suma xa oito discos.

O verán pasado a cantante apareceu como convidada do grupo do ferrolán nas súas actuacións no Fisterra Blues Experience mailo Discalzos polo Festival, aínda que o inicio desta alianza musical remóntase a hai xa máis dunha década.

En Heroe Secreto, o disco que Aneiros publicou no ano 2008, xa puidemos escoitar a súa guitarra acompañando a voz de Martins que entonaba o himno da emigración galega «Unha noite na eira do trigo».

Agora, xunto ao batería Marcos Sánchez e o baixista Víctor Gacio, embárcanse neste novo proxecto conxunto interpretado un repertorio de temas propios e clásicos do blues, rock e soul.

Martins Aneiros Band son:

Paula Martins · VOZ
Víctor Aneiros · GUITARRA
Marcos Sánchez · BATERÍA
Víctor Gacio · BAIXO

MARTES, 17 de agosto. VÍA SACRA, 20h.
Entradas á venda desde o sábado, 14 de agosto, en Casa das Crechas.