JAZZ BRASILEIRO / AFRO-SAMBA
Con máis de vinte anos de carreira e 7 discos lanzados, o guitarrista e compositor Maurício Caruso saca Atravessia, o seu último traballo, gravado en directo e en formato trío, con músicos de alto nivel e composicións que forman parte da súa historia (Gilberto Gil, João Bosco, Tom Jobim…).
Atravessia recolle tamén novas composicións propias, con influencias da música galega e ritmos afro-brasileiros. É desta forma, actuando en trío e mesturando Brasil e Galicia, como Maurício Caruso consegue unha sonoridade enérxica e potente.
Maurício Caruso Trío son:
Maurício Caruso · GUITARRA
Roi Adrio · BATERÍA / PERCUSIÓN
Rafa Morales · BAIXO
Entradas á venda desde o domingo, 8 de agosto, en Café Camalea.