(tradición, vangarda, experimentación sonora)
MARTES 23 | VÍA SACRA | 20.15 H
Cando a tradición musical abre a porta á experimentación sonora o resultado é unha proposta de texturas inigualables e de gran sensibilidade artística, coma a que nos presentan Nacho Muñoz (electrónica), Faia Díaz (voz) e Lar Legido (batería).
Da man destes tres artistas, referentes da escena musical galega máis vangardista, xunto á exquisita produción sonora do Hevi (Malandrómeda), o proxecto De não saber o que me espera ofrécenos unha mirada única, contemporánea e transgresora sobre un selecto repertorio do recoñecido artista portugués Zeca Afonso.