Narci Rodríguez dA Trío

(groove, electro-acústica)
MARTES 16 | XARDÍN DO MOMO| 20.15 H 

dA trío nace no 2019 como concepto e idea de Narci Rodríguez (Vogais & baixos) en conxunción con Ilmarto (Baterías) e Zalo Rodríguez (Teclas e sintetizadores).

O trío finalista por dous anos consecutivos dos premios Martin Codax e aRitmar Galiza e Portugal é un traballo de autor en diferentes linguas, con breve historia pero con moita proxección cara ao futuro. dA trío preserva as boas formas do groove, as mesturas electroacústicas e a procura da música como motor de concienciación humana.

Inmersión no baleiro cuántico é o segundo EP do trío. Gravado en Pouland Estudios o trío publica, cunha diferenza de 12 meses, este traballo discográfico chegaba despois da súa aclamada ópera prima Reflexións.

O dA trío vén ao Feito a Man presentar o seu terceiro álbum, lanzado en marzo deste ano. 


++dA Trío Official Videos++ – YouTube

Narci Rodriguez

https://www.facebook.com/NarciRodriguezMusic

narcι rodrιgυez *мυѕιc* (@narcirodriguez) • Instagram photos and videos