Pauliña

(country, folk, rock, blues)
SÁBADO 13 | PRAZA DOS GATOS | 20.15 H

Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical, é unhas das voces femininas galegas con máis carácter e personalidade. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser, directa, sinxela e próxima, non deixa indiferente a ninguén.

O ano pasado, coincidindo co Día das Letras, vía a luz Testemuñas, o seu terceiro longa duración, con colaboracións de grandes artistas galegos como Fosi de Labazada, Nee Barros, High Paw ou O Leo i Arremecaghona ademais dos portugueses Kumpania Algazarra.

Para este proxecto musical, a cambadesa rodeouse dunha gran banda formada por músicos cunha ampla experiencia nas táboas: Samuel Vila na batería, Lolo Arrincón ao baixo, Paco Montoto nos teclados e melódica e Julián Gullón coa guitarra. O seu é un directo potente e demoledor, onde mesturan o country coa música folk, rock e blues.  


Pauliña – Remordementos

Pauliña – Vento

Pauliña ♀️ (@punkita_) • Instagram photos and videos

https://www.facebook.com/paulinhachavesperez/