Pedro Pastor y los locos descalzos

(cumbia, funk, africana…)
VENRES 12 | XARDIN DO MOMO|  20.15 H

As raíces musicais do madrileño Pedro Pastor son ben firmes. Fillo do cantautor Luis Pastor e sobriño de Pedro Guerra mamou a música dende o seu nacemento.

Con apenas 26 anos, xa ten catro discos e na actualidade está a realizar unha espectacular xira xunto a Los Locos descalzos presentando Vueltas, un disco que dá un salto de calidade e na que agranda a sua herdanza musical.

Con máis de 500 concertos en máis de dezasete países como Colombia, México, Cuba, Arxentina, Costa Rica ou países de Europa, a súa música cabalga entre ambos continentes, con letras que supoñen un canto ao cambio, á rebeldía, ao amor e á mestizaxe como xeito de crecemento. Nos seus concertos conviven a cumbia, o funk, a música africana ou o folklore suramericano converténdoos nunha festa bailable e de gozo do colectivo.


Pedro Pastor web

Pedro Pastor – YouTube

Pedro Pastor (@PedroPastorG) / Twitter

Pedro Pastor (@pedropastorguerra) • Instagram photos and videos