(canción de autor, rock, pop)
MÉRCORES 17 | PRAZA FEIXÓO | 22.00 H
Satélite Salitre é un proxecto musical de nova creación feito en colaboración entre o cantautor compostelán Pilo Sierra e o cuarteto de cordas Suelen Estar Quartet. Un proxecto que nace coma sentida homenaxe ao benquerido e admirado artista Fran Pérez, Narf, que conta coa participación do baterista Lar Legido e os arranxos musicais do compositor Pablo Sanmamede.
Doce composicións orixinais en lingua galega que emanan en forma de canción para achegarnos ao máis íntimo do universo de Pilo Sierra. Un canto de amor fraternal no que a terra, o mar, o ar, a lingua e a poesía conflúen para dar lugar a un novo mundo sonoro de grande beleza e liberdade creativa.
Pilo Sierra | voz
María José Pámpano | violín
Elena Vázquez | violín
Macarena Montesinos | cello
Saúl Puga | contrabaixo
Lar Legido | batería
“Satélite Salitre é unha illa na que abeirar tras un longo navegar polos mares da lingua, da xente e a terra, un proxecto á vez de tránsito e destino”, Pilo Sierra.
Satélite Salitre Youtube
https://www.facebook.com/pilosierramusica
https://www.facebook.com/larlegido
https://www.facebook.com/suelen.estarquartet