(rock)
VENRES 12 | RÚA XELMÍREZ | 22.00 H
Banda de rock formada por Nerea Iglesias, Olalla Losada, Tomi Solano, Morris Moreno e Txema Wayra; cinco músicos de Sarria (Lugo), nacida en xuño do 2020. Un proxecto con vocación de situarse á vangarda do rock and roll deste siglo e, continuando o camiño das súas precedesoras, consolidar ás mulleres como parte fundamental da súa historia.
O seu repertorio componse maioritariamente de temas propios que reciben influencias desde o soft rock ata o rock psicodélico e o rock progresivo. Nos seus concertos inclúen versións dos grandes expoñentes musicais das décadas dos 60 en adiante, como Janis Joplin e Jimi Hendrix.
Tocaron en festivais como o Festival Noroeste e A Verbena, en concertos de festas como o San Froilán e en salas históricas como o Clavicémbalo de Lugo; acompañados no cartel de bandas como Los Deltonos, Aurora and the Betrayers ou The Soul Jacket.
Teñen publicado o seu primeiro single “No More”, antesala do que esperan que pronto sexa o seu primeiro disco.
Sound Sisters web
Sound sisters en directo desde SalaSon
Sound Sisters Facebook
🔥SOUND SISTERS🔥 (@soundsisters__) • Instagram photos and videos