Trilitrate

NEOFOLK / MÚSICAS DO MUNDO

Trilitrate é un proxecto de música acústica, unha composición colectiva que ten coma fin crear algo persoal e inédito. A formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novas sendas. Desdebuxando as liñas existentes entre a composición e a improvisación, revelan influencias de estilos tan afastados entre si como poden ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o posrock ou o noise.

Formada en Vigo en 2012, Trilitrate interpretan ademais música étnica orixinal dentro dun universo propio. Esta atmosfera complétase mediante estímulos visuais xerados en tempo real.

Trilitrate son:

Elena Vázquez · VIOLÍN
Marcos Padrón · ACORDEÓN
Rubén Abad · GUITARRA

XOVES, 12 de agosto. RÚA XELMÍREZ, 22h.
Entradas á venda desde o luns, 9 de agosto en Cervexaría Xuntanza.