Viruxe Electric Trío

(jazz, rock-progresivo, fusión)
MARTES 16 | SAN MARTIÑO PINARIO | 22.00 H
* ADIADO AO 29 DE AGOSTO *

Chámaselle “Viruxe” a un vento frío e intenso, que sen ser agresivo fai notar perfectamente a súa presenza. Aparece cando se abren xanelas e portas e se renova o ar nun cuarto fechado. Viruxe é un proxecto que se sente definido polo seu nome, que incomoda aos poucos, mais principalmente refresca e anova.

Esta formación destaca por incorporar electrificación nun instrumento de natural acústico como é a batería, por concentrar nos teclados o papel do solista e acompañante (que normalmente se separaría incluíndo a un baixista) e electrificar a guitarra máis alá do habitual no jazz, fornecendo cores e momentos que evolucionan do concepto máis clásico para introducírense sen complexos no terreo da fusión e do rock progresivo.

O repertorio de Viruxe está integrado por música completamente orixinal dos seus tres compoñentes:

ALFREDO GARCÍA (GUITARRA)
BRUNO COUCEIRO (BATERÍA e OCTAPAD)
IAGO MOURIÑO (TECLADOS)


https://youtu.be/g58vMonJpE0Ç

https://youtu.be/ja441TFOt4k

https://www.youtube.com/watch?v=4PtS8NKAK3M

Alfredo García | Facebook