Zeltia e Irevire

TRIBAL FOLK

A banda Zeltia e Irevire emprende a súa carreira musical no ano 2018, tras tocar en Galicia e Irlanda, da man da compositora e cantautora galega Laura Zeltia Acuña Barros e a fusión do estilo de percusión de Migui Carballido. Con corazón de Folk Tribal e aberta á mestura de estilos, a súa música caracterízase pola plasticidade e orixinalidade, que van mudando en cada ocasión. Esta será unha delas, permitíndonos gozar coa súa arte en versión trío acústico.

A música de Zeltia e Irevire consegue somerxernos nunha viaxe onde o folk e o blues se fusionan con outros momentos máis acústicos e tribais. As súas composicións, en galego e inglés, inspíranse no legado cultural da nosa terra.

Zeltia e Irevire son:

Laura Zeltia Acuña Barros · VOZ e GUITARRA ACÚSTICA
Migui Carballido · BODHRAN
Cibrán Seixo Pazos · VIOLÍN

MARTES, 17 de agosto. XARDÍN DO MOMO, 22h.
Entradas á venda desde o sábado, 14 de agosto, no Pub Momo.