Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/festivalfeitoaman/www/wp-includes/functions.php on line 6114
100 Voltas - Feito a Man

Artistas

100 Voltas

Folk

100 VOLTAS, non é nada máis e nada menos que o sorprendente resultado dun encontro marabilloso, festivo e estimulante entre a voz, a finura e a delicadeza da súa proposta instrumental, acompañado  da incríble potencia da artista galega Verónica Codesal (Urban Trad, Ialma).

A voz de Verónica xúntase ao acordeón diatónico do sempre virtuoso Didier Laloy, o violín pop/ rock do creativo Damien Chierici e o groove tónico do baterista e percusionista togolés, Botis Tchango.

Un repertorio de cancións recollidas da tradición popular galega, no que tamén se inclúen composicións orixinais que nos aportan textos inéditos, feitos especialmente para “100 voltas” por mulleres e homes poetas galegos  contemporáneos como, Yolanda Castaño (Premio Nacional de poesía 2023), Lucía Aldao, Rosalía Fernández Rial, e mesmo Brais Fernández.

Tamén se inclúen neste traballo discográfico textos orixinais, escritos pola propia Verónica Codesal onde reflicte as súas vivencias como muller, parella, nai, filla, amiga, artista e, fundamentalmente como activista.

As “100 voltas” a xirar da voz, a forza, a tradición e a creación, nunhas músicas enfeitazantes.