Artistas

Ailá

Música tradicional

Ailá é un grupo de música de Santiago de Compostela, gañador dos premios Martín Códax da Música 2023 na categoría de Música Tradicional. Seleccionado para representar a Galiza no WOMEX 2023, a maior feira de industrias musicais do mundo; unha das propostas galegas escollidas para o Stand de Galiza no FITUR 2024, encontro global para os profesionais do turismo; Seleccionado para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024 e grupo da selección oficial do Festival Interceltique de Lorient 2023 e selección oficial do Celtic Connections de Glasgow 2020.

Ailá emerxe das máxicas foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega, pero cunha visión sen fronteiras, mesturada con aromas, ritmos e cores doutros lugares e doutras culturas, aberta ao mundo sen complexos e, sobre todo, coa ilusión e curiosidade de todo aquel que ama o que fai.

Na proposta atopamos a Xan Pampín ao acordeón e o bombo, Manuel Pardo á voz, percusións e gaita, Ángela Carou á voz e percusións e Abel Gañete ao fliscorno e á trompeta.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.