Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the divi-booster domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/festivalfeitoaman/www/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/festivalfeitoaman/www/wp-includes/functions.php on line 6121
Ale - Feito a Man

Artistas

Ale

Pop-rock, Soul, R&B

ALE continúa a presentación en directo de “Flores e fobias” o seu primeiro disco e avánzanos parte do repertorio que dará forma ao seu novo traballo nesta edición do FAM.

ALE é o proxecto en solitario de Alexandro González, cantante e compositor do grupo galego Los Árboles. Leva mais de media vida vinculado á música, con proxectos propios e como intérprete para outras bandas do panorama independente como Meu, Sensacional, Espiño ou Pardo. Nesa difusa fronteira na que conflúen, e ata se confunden, o pop e o rock sitúa ALE a súa proposta musical. Si, o pop-rock, ese termo que de tan manido acabara por perder o seu sentido, reivindícase en toda o seu concepción e con toda a súa intensidade en “Flores e fobias”, o primeiro disco do proxecto de Alexandro González.

Tiña claro que, tras a súa frutífera e eloxiada etapa en Los Árboles, debía explorar novos territorios e atopar novos camiños. Novos sons, novas inquietudes e mesmo novas raíces. E mirou cara ao que máis preto tiña: cara ao océano. E cara ao que máis dentro levaba: o seu pasado. E da fértil fusión dun e outro naceron estas cancións, verdadeiramente inspiradas e inspiradoras, e que toman como referencia a rotunda e arrebatadora sonoridade do rock arxentino, a refrescante liviandad do mellor pop español dos 80 e as aterciopeladas e elegantes cadencias do soul e o R&B.

Todo iso, e máis, expón ALE neste “Flores e fobias” que determina o inicio da traxectoria discográfica do novo proxecto do músico galego.