Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/festivalfeitoaman/www/wp-includes/functions.php on line 6114
Alejandro Vargas Trío feat Xosé Miguélez - Feito a Man

Artistas

Alejandro Vargas Trío feat Xosé Miguélez

Jazz, Jazz afrocubano

Alejandro Vargas trío desenvolve un sólido traballo de improvisación, garantindo en todos os seus concertos a vibración que xera a enerxía da súa creación. Co virtuosismo do propio Alejandro Vargas ao piano, Pablo Sanmamed ao contrabaixo e Sergio Gonzales á batería, cautivan ao público desde o primeiro minuto pola súa espectacular técnica instrumental e a gran sensibilidade no tratamento dos temas.

O estilo musical desta formación vai desde o abstracto ata o máis tradicional, onde os estándar de jazz e a música popular cubana son levados á estética da improvisación libre, onde se explora e extralimita a forma tradicional de tocar os instrumentos incorporando diferentes obxectos sonoros que enriquecen a súa linguaxe, son e performance.

Acompáñannos na posta en escena nesta edición do FAM o multipremiado saxofonista galego Xosé Miguélez, colaborador habitual en formacións como o trío de Xacobo Martínez Antelo