Artistas

BANDA DAS CRECHAS

folk, tradicional galega

A BANDA DAS CRECHAS é a faciana dun universo colectivo que comezamos a construír entre todos hai máis de trinta anos arredor da conversa, da arte, da música ao vivo, do amor polo propio e a curiosidade polo alleo na Casa das Crechas. Un conxunto aberto, unha banda 2.0 na que músicos habituais e interpretes ocasionais se unen para manter viva a tradición, o son e a emoción da foliada, no lugar de encontro que leva sendo dende mediados do século XIX.

ABDC é a banda sonora deste noso universo colectivo. Unha banda sonora que é historia, compromiso e paixón e que ninguén pode interpretar mellor cá Banda das Crechas. Porén, neste grupo de artistas aberto e plural tampouco caben todos os intérpretes. Os outros, os que non están nesta gravación, son todos aqueles que ao longo destes anos fixeron que a música tivese vida na Casa das Crechas. Autores anónimos e autores ben coñecidos, músicos e non músicos que trouxeron as culturas do mundo e que, no encontro, levaron a nosa cultura polo mundo.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.