Artistas

Blue Merrow

Hard rock, Blues

Blue Merrow naceu en setembro de 2019 en Pontevedra, un proxecto concibido co obxectivo de crear e interpretar música baseada na improvisación. Aos marinenses Damián Garrido como letrista, vocalista e percusionista e Ángel Olañeta, como guitarra solista, súmanse Ángel Vexo –teclista e organista–, Diego Hernán Ruiz –baixo– e Alberto Cid –batería–.

Cunhas pautas que chegan aos seus músicos de grupos de finais dos sesenta e principios dos setenta, o resultado é un espazo musical sen outra limitación que a que definen os solistas da banda: órgano e guitarra eléctrica. A base rítmica (baixo, batería, percusión) acompaña ritmos baseados en melodías de blues e acentos clásicos do hard rock que o oínte poderá identificar nos directos. As enigmáticas letras aportan outro elemento a este grupo, que publicou o seu primeiro disco en xaneiro de 2022.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.