Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/festivalfeitoaman/www/wp-includes/functions.php on line 6114
Chekan - Feito a Man

Artistas

Chekan

ROCK LATINO SETENTERO

CHEKAN é un grupo de versións de grupos do rock latino dos setenta: Malo, Sapo, Chango, Azteca, Chicano, BlackSugar….. e si, Santana tamén. Temas moi intensitos, ruidosos e bailongos, destes de suar ben a camiseta. Con moito só, moito tambor, rock por aquí, latin por alá e ás veces un tipo que canta. Un directo que non se pode deixar de gozar nesta edición do FAM.

A banda confórmana Manuel Seoane á guitarra e a voz, Antonio Romero no baixo, Sergio López aos teclados, Dani “Drums” á batería e os coros, David “Tarteiras” e Victor Charlie nas percusións latinas, Álvaro Fernández ao saxo alto e aos coros e David López ao saxo tenor e os coros.