Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/festivalfeitoaman/www/wp-includes/functions.php on line 6114
Claudio H. Mestis Trío - Feito a Man

Artistas

Claudio H. Mestis Trío

Autor, Pop, Swing

Claudio H. Mestís Galiza é un proxecto especialmente pensado para o panorama galego liderado por Claudio H., músico, guitarrista, cantante, compositor, autor, arranxista, contrabaixista, produtor e poeta nado en Bos Aires e residente en España dende 1989.

Na proposta que o arxentino presenta ao FAM 2024, acompáñano en formato trío recoñecidos músicos da escena local máis actual, Quim Farinha – violín– , e Carlos Freire – percusión– .

O seu directo quere darlle un aire novo ás cancións de Claudio, unha textura e cor diferente e, sobre todo, a sempre luminosa faísca da creación colectiva. O concepto baséase en catro piares; unha sección rítmica sólida e danzante, o son con aire celta que imprime o exquisito violín de Quim Farinha, a elaborada e sempre sorprendente melodía e a poesía dunha coidada letra.

Poderíase engadir un quinto; a complicidade, o xogo, as ganas e o pracer de compartir, e a boa sintonía de tres artistas que se divirten co que fan. O traballo de investigación é permanente. Así se destila un resultado sempre fresco e á vez elaborado que compre non perder.