Cousa Nosa naceu da amizade e da paixón pola música de tres rapaces de Santiago. O noso son bebe do rap e do urbano español, mesturado co espírito libre da escena underground de SoundCloud. Sen formación académica, pero con moita inquedanza, estamos nun proceso constante de busca e experimentación sonora.
No ámbito do directo buscamos levar ao escenario unha versión máis viva e orgánica da nosa música, combinando sons dixitais con instrumentos en directo.
