Artistas

Daydream Sessions

Groove

Daydream Sessions é un proxecto colaborativo/comunitario no que artistas de distintas disciplinas reúnense para compartir a súa arte. Creado por un grupo baseé de tres persoas, a agrupación aposta por Sergio Abuín –guitarra e voz–, Adrián Arias –teclados– e Jose Ángel Sánchez –batería– para interpretar temas con formacións distintas en cada lugar no que actúan. Actualmente céntranse en eventos musicais como esta edición do Feito a Man.

Teñen realizado numerosas sesións no compostelán Modus Vivendi con moitos artistas locais e, aos poucos, foron quen de crear unha pequena comunidade de músicos recorrentes cos que poder traballar. O seu show é unha mestura de música propia na que incorporan colaboracións externas dándolle un carácter único a cada interpretación e cada versión, arranxadas dunha ampla variedade de xéneros centrados no groove.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.