Artistas

Factoría de Subsistencia

Pop, Rock alternativo

Factoría de Subsistencia é unha banda liderada polo actor Josito Porto e nesta edición de FAM presentan o seu “Respirando…sempre!”, o novo traballo da agrupación, o terceiro na carreira deste grupo. Presentouse ao gran público o 13 de xaneiro na Casa das Crechas en Santiago de Compostela e, cun concerto moi especial, o 20 de xaneiro no propio estudo no que gravaron estes nove temas en Vilagarcía.

Logo de dous álbums que xa situaban a FdS dentro da estela dos grupos a ter en conta, neste terceiro traballo, o binomio musical formado por Sabela Dacal (acordeón e coros) e o propio Josito (voz e guitarra), está marabillosamente reforzado coa presenza de Rafa Otero (baixo) e Adrián Ríos (batería). Destacar tamén a presenza dos teclados executados por Sabela Dacal.

Contaron co bo facer de Pablo Vidal aos mandos do Estudo Aldeaglobal en Vilagarcía que se encargou de darlle unha volta máis roqueira a uns tema que xa chegaron moi traballados polo grupo. Pablo encargouse tamén de darlle ese aire de respiro ao disco, ese aire que tanto precisamos e que tanto ben nos fai. Yeya Gilino encargouse da parte gráfica da proposta.

Está claro que Josito sempre se soubo rodear de xente fantástica, xente pola que paga a pena SEGUIR RESPIRANDO.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.