Artistas

Grampoder

pop-rock

O dúo compostelán Grampoder volve aos escenarios cunha versión máis enérxica, máis eléctrica e máis escura do seu rock portátil. A banda regresa para presentar novas cancións nas que exploran as texturas do pop psicodélico, a rabia do hardcore e a densidade do post-punk, mantendo un formato escénico mínimo. ‘PM’ é todo o que ocorre a partir da metade da xornada, cando comeza a facerse de noite e a inercia do día se fai cada vez máis difícil de corrixir. O novo disco de Grampoder contén dez cancións dominadas pola contundencia das guitarras, a enerxía das percusións e unhas letras feras e desencantadas, que tratan a perplexidade ante a velocidade do mundo, os medos, a frustración e a repulsa ante o engano ao que nos sometemos. Grampoder son LeRoi (percusión, baixo) e Martin Wu (guitarras, voces).

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.