Artistas

GUAYABERAS NEGRAS

rythm&blues,groove,soul

As Guayaberas Negras fórmanse en 2011 da man do guitarrista Luis Fonte e o baterista Antonio Pax con outros membros da banda Mama Boogie. Coa súa primeira formación, sexteto, a banda grava un E.P. pirata homónimo cos seus primeiros orixinais, un bootleg cun dos seus directos e publica un segundo E.P., “Ao vivo Stereo” (2012). Tras lanzar o seu seguinte single “Cantadoric Island” e xa coas novas incorporaciomes de Chip Wickham e David Carrasco, presentan o seu traballo na mítica sala Bogui Jazz.

Pese ao gran recibimento do combo, a banda separa os seus camiños a través de diferentes proxectos nos cales comparten escenarios durante 10 anos acompañando a diferentes bandas e artistas nacionais e internacionais.

No ano 2023, tras a incorporación do organista Marino Orejana, as novas Guayaberas Negras refúndanse como un Organ Trío para rememorar aos clásicos do Bogaloo, Acid Jazz e Blues. No seu novo traballo, “Rocky Road” (2025), a banda reúnese co vocalista e crooner Juanma Montero no que o combo rende homenaxe ás súas influencias comúns: Acid Jazz, Gospel, 60’s e 70’s R&B e Funk, aínda tendo sempre en mente as súas raíces Blues e Soul.

Juanma Montero: Voz

Luis Fuentes “Pájaro”: Guitarra

Antonio “Pax” Álvarez: Batería

Marino Orejana: órgano Hammond.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.