Artistas

Helena Egea Quinteto

Soul, Jazz, Blues

Helena Egea é un proxecto onde a forza e a paixón da voz son protagonistas. Unha viaxe ao pasado que evoca a forza de mulleres como Aretha Franklin, Nina Simone ou Janis Joplin. O proxecto nace da propia Helena Egea como violinista e cantante. Após de ter participado individualmente nun gran número de agrupacións, Helena aposta pola súa necesidade de ter unha voz propia. É por isto que, nos últimos tempos, conforma a banda coa que se presentan ao FEM 2024,incorporando á voz e violín de Helena Egea guitarra eléctrica, teclado, batería, baixo e guitarra.

O repertorio está conformado por cancións principalmente en inglés e algunhas interpretacións en galego. As letras falan de reflexións sociais, vivencias propias e historias evocadas con imaxes, todo como medio de catarse e autodescubrimiento. Dentro do repertorio súmase o elemento do violín, que se incorpora a esta mestura de estilos como unha segunda voz e parte da identidade do mesmo. A primeira subida ás táboas do formato do quinteto foi na pasada edición do Festival da Luz e actualmente a banda traballa na produción do primeiro EP do selo Helena Egea Quinteto, baixo a batuta de Juan de Dios, co que xa estrearon o seu primeiro single, Glass no pasado mes de outubro.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.