Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/festivalfeitoaman/www/wp-includes/functions.php on line 6114
Irmaus da Raia Seca - Feito a Man

Artistas

Irmaus da Raia Seca

Folk galego-portugués

A Raia Seca é o territorio que se extende aos dous lados da liña que separa Galiza e Portugal, xa lonxe do Miño. Quilómetros de fronteira que se estende no espazo e no tempo, e na que se desfiguran os límites da realidade até case o distópico: Vías clandestinas de contrabando e extraperlo. Salvoconduto para guerrilleiros e escapados. Estados sen lei e camiños co privilexio de facer invisibeis a quenes os transitan. Pobos promiscuos nos que todo cambia segundo por que porta se entre ou se saia. Aldeas xemelgas de idéntico nome que se espreitan dende candanseu lado como en realidades paralelas.

A banda da Raia Seca confórmana  os irmáns Pascual (Marful, Laio, Talabarte, Davide Salvado …) e Álvarez (Xabier Díaz, Xascariz…) e todas xuntas conforman un proxecto cunha instrumentación ben interesante e un repertorio xenuíno en torno aos territorios limítrofes ou arraianos de Galicia con outros territorios, xa que é un nexo común da parella de irmáns

A agrupación obten das súas raíces e diásporas un sentimento compartido: “o que a muitxs lles parece lonxe e distante, para nós nunca deixou de estar cerca”. Úneos un forte magnetismo con esas identidades culturais e reivindicanas musicalmente como parte do seu maxín. A Raia Seca son músicas que nacen do chan cando iste resoa co beilar. Son melodías vivas que seguen a ter instinto propio. Son ritmos xa feitos ritual, telúricos, avocados ao trance.

Música Trans ou Transcultural, dunha beira á outra: A que forma parte do inmaterial que nace nos microcosmos “raianos”, “transfronteirizos”. Que tamén se rexe por leis e nociós distintas das que operan mais alá do seu territorio. O seu poder eiqui e agora, radica en facer reflexionar sobre as liñas divisorias nas músicas. Levamos a nosa acción cara ises pequenos universos “atípicos” que foron forxados secularmente polo aillamento cultural. E hoxe isto pode ter un sentido universal -tamén paradóxico- pensando noutras novas formas de aillamento.